Graña, Bernardino
O león e o paxaro rebelde /Bernardino Graña - 1ª ed. - España :XERAIS ,1990 - 48 p. : 70 gramos ; 190 x 135 mm.
O león, o Rei do bosque, mandou correr un bando que prohibía a tódolos paxaros canta-las súas cancións sen antes pedir permiso ou licencia. Pero o Pimpín non só non ll fixo caso ó bando, senón que ademais gustaba de cantar cancións maliciosas e de protesta.
E os paxaros andaban todos preocupados. Uns dicían que a culpa da prohibición era do Corvo. Os máis que do Pimpín. A Rula e a Bubela fóronse queixar ó León porque Pimpín non lles pagara un vestido de la e un sombreiro que elas lle fixeran. Tódolos animais estiveron de acordo en que Pimpín era culpable e debería ser castigado. Guiados polo Corvo, os paxaros prenderon a Pimpín e entregárono nas gadoupas do león.
Pero aínda diante do León, Pimpín seguía coas súas cancións. Tanta rabia lle deu ó León, que papou o Pimpín. Pero este, dentro da barriga do reí, peteiraba tanto nel que lle obrigou a abrí-la boca. E pola boca marchou e por aí segue a canta-las súas cancións.
1º-2º Primaria
9788475074535
82-P