O león e o paxaro rebelde /Bernardino Graña
por Graña, Bernardino [autor/a]
; Graña, Bernardino [autor/a]
; Ares, Penélope [ilustrador/a]
.
Tipo: 
Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP de Tabeaio Sala préstamo | 82-P GRA leó | Dispoñible | CEC191000000186 |
|
O león, o Rei do bosque, mandou correr un bando que prohibía a tódolos paxaros canta-las súas cancións sen antes pedir permiso ou licencia. Pero o Pimpín non só non ll fixo caso ó bando, senón que ademais gustaba de cantar cancións maliciosas e de protesta.
E os paxaros andaban todos preocupados. Uns dicían que a culpa da prohibición era do Corvo. Os máis que do Pimpín. A Rula e a Bubela fóronse queixar ó León porque Pimpín non lles pagara un vestido de la e un sombreiro que elas lle fixeran. Tódolos animais estiveron de acordo en que Pimpín era culpable e debería ser castigado. Guiados polo Corvo, os paxaros prenderon a Pimpín e entregárono nas gadoupas do león.
Pero aínda diante do León, Pimpín seguía coas súas cancións. Tanta rabia lle deu ó León, que papou o Pimpín. Pero este, dentro da barriga do reí, peteiraba tanto nel que lle obrigou a abrí-la boca. E pola boca marchou e por aí segue a canta-las súas cancións.
1º-2º Primaria